Comunicado dos centros de San Rosendo e O Restollal

Temos o pracer de informarvos de que nos concederon a axuda para inversión na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 de entidades privadas de iniciativa social cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Orde do 27 de xuño de 2018) a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

A axuda concedida aos coles de O Restollal e San Rosendo refírese a:

  • Obras menores e melloras das infraestruturas: instalación dun novo patio exterior de herba artificial, peche e acceso, porta principal de acceso adaptada á Lei de accesibilidade, dotación novos baños da aula de 2-3 anos, e instalación de alumeado LED nas distintas dependencias da escola de O Restollal; e cambio de ventás das aulas 0-1 anos e usos múltiples da Escola Infantil San Rosendo.
  • Adquisición e melloras no equipamento da escola: adquisición de material de cociña e comedor, e material de xogo diverso (tobogán, motos, triciclos,..) na escola de O Restollal; e para a zona de lavandaría de San Rosendo.
  • Dotación para a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas: Adquisición de tablets e equipos informáticos para a creación dun recuncho das TICs.

En breve, poderedes ver nas dúas escolas o material adquirido con dita financiación e as obras menores realizadas.

Na próxima reunión informativa, daremos ampla conta de todas estas melloras.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.