A Escola Infantil Cativos, situada na rúa Bertón, inaugurou onte a segunda edición da Escola
de Pais cunha charla sobre a alerxia alimenticia na etapa de educación infantil a cargo do
pediatra e alergólogo do Arquitecto Marcide, o doctor García. A cita serviu para abrir o novo
curso dunha iniciativa coa que o devandito centro pretende abrirse en maior medida ás familias
e establecer unha comunicación máis fluida, abordando aspectos de interese para os propios
pais sobre a educación e saúde dos seus fillos. Deste xeito conséguese, ademais, unha
participación máis estreita das familias, que ao longo do curso colaboran tamén noutras
actividades como o magosto ou o entroido, entre outras.
Unha sesión a cargo dunha profesora de música da Escola da Vaca ou unha xornada de portas
abertas na aula acuática da que dispón o centro serán outras das actividades previstas para
este curso académico.
A devandita piscina está tamén aberta, en horario de tarde, a grupos externos que desexen
facer uso das instalacións, previa concertación das mesmas.
A escola infantil Cativos ten actualmente un total de 22 nenos de 0 a 3 anos, quedando aínda
prazas libres. Así, as persoas interesadas en matricular aos seus fillos poderán facelo. Terán
que poñerse en contacto co centro a través do número de teléfono 678 641 023.
- Home
- Uncategorized
- CATIVOS Ferrol pon en marcha a «Escola de Pais»
deseo saber si en julio hay disponible servicio de piscina para un niño de 7 años. ya estuvo en vuestro campamento en el 15 y 16, se llama Daniel Linos Casas, es de Coruña. YO MERCEDES OTERO soy la abuela.